CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • "Alma, corazón e vida" de Borja Quiza, o sábado día 1 de setembro na Praza Maior

    'Alma, corazón e vida' é o nome do espectáculo que o barítono galego Borja Quiza, unha das voces referentes da lírica internacional, ofrecerá este sábado, 1 de setembro, na Praza Maior de Ourense desde as 22:30 horas. “Unha selección de cancións de amor e de desamor que todos coñecemos, xa que forman parte do noso imaxinario, pero sazonados co seu toque persoal, un espectáculo sensacional e único”, proclamaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación do concerto.
    Bésame mucho, Perfidia, Soñar Contigo ou Piensa en mí, son “cancións que case nos saen soas se as pronunciamos cunha pouca de paixón”, sinalaba o rexedor, que aínda lembraba a súa sensacional actuación no Auditorio en 2016. Desta vez, o barítono de Ladrido, Ortigueira, estará acompañado de nove músicos extraordinarios, que aproveitarán o marco da Praza Maior para facer deste espectáculo “un referente do verán cultural da cidade”, como adiantaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura.
    Borja Quiza asegurou na presentación que as cancións son de sobra coñecidas por todo o público: “Haberá moito bolero, pero tamén cancións que me gustan moito e que teñen arranxos específicos” para este tipo de concertos. “Non existen límites nin etiquetas na música: existe a música ben feita e a música mal feita”, sentenciaba o barítono galego.
    Logo de Ourense, viaxará a un festival de música barroca en Portugal, levará este mesmo espectáculo a Chicago no mes de outubro e, xa en novembro, e antes de comezar coa tempada lírica (Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Liceo de Barcelona...), dará dous recitais de música española no Cairo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica