CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • COMEZAMOS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN DOS VENRES APEGO NO AUDITORIO MUNICIPAL


    Logo do descanso estival, este venres, día 14 de setembro comezamos as actividades do Apego, teatro, música, danza para bebés en galego.
    Será o grupo A run run que presenta o seu espectáculo Calcetíns, en dúas sesións, ás 18.00 e ás 19.00horas. As crianzas de 0 a 6 anos entran gratis,e para poder chegarmos a máis público recomendamos unha persoa adulta por bebé.
    Continuamos tamén coa programación dos domingos, ás 12.00 horas, será Culturactiva coa representación de Saaabor!  espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.
    Podes consultar toda a programación na Axenda.
    DESDE O PROXECTO APEGO
    Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo.
    E lembrade: Se queredes formar parte da comunidade Apego e o voso fillo ou filla naceu no ano 2018 ou se aínda estades agardando a súa chegada, temos unha caixa de material diverso que pode resultarvos interesante e que nos gustaría entregarvos. Se xa é/son máis grande(s), temos tamén outro agasallo que pode ser moi animado e divertido. Podedes pasar polo Servizo de normalización lingüística do Concello de Ourense no Auditorio municipal ou chamar ao teléfono 988 391290
    Pódese ver toda a información que xera este programa no conxunto dos concellos que participamos e coñecer moitos outros recursos visitando de cando en vez a páxina xeral do proxecto www.apego.gal ou a que mantemos nunha rede social www.facebook.com/apego.gal.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica