- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Redrum Teatro estrea “Contos do Recreo”
Está protagonizado por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño
A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o próximo domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido ao público familiar e conta cun gran contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar. Tal e como fixo co seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero, nesta ocasión, centrándose na figura dunha nena acosadora. Redrum considera que as nenas e nenos que exercen acoso son tamén vítimas, xa que se trata de condutas de imitación e/ou autodefensa, e trata, con este proxecto, de concienciar sobre os seus efectos. Alicia á unha nena que desfruta burlándose das seus compañeiras. No recreo anterior ao exame máis importante do curso aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, a estrafalaria estatua que custodia a porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar en tempo ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan tras a porta dos recreos pasados presentes e futuros.
Redrum Teatro es una compañía de teatro compostelá con dez anos de traxectoria e que conta no seu currículo con espectáculos dirixidos a público adulto como “Noiteboa”, “Currículum Vitae” ou “A Canción do Elefante” e tamén dirixidos a público familiar como “Moito Conto”, “Roedores” ou “A Nena Que Quería Navegar”, estes dous últimos nomeados na categoría de Mellor Espectáculo Infantil nos Premios de Teatro María Casares.