- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O vindeiro 3 de outubro comeza a sexta edición do Ciclo Enclave de Cámara
Ourense, 24 de setembro.-
Hoxe presentouse en Ourense unha nova edición – e xa van 6 – do Enclave de Cámara. De outubro a xuño, oito concertos no Teatro Principal cunha oferta camerística que vai dende os inicios do S. XVIII ata a contemporaneidades.
Hoxe presentouse en Ourense unha nova edición – e xa van 6 – do Enclave de Cámara. De outubro a xuño, oito concertos no Teatro Principal cunha oferta camerística que vai dende os inicios do S. XVIII ata a contemporaneidades.
Patrick Alfaya, asesor artístico do ciclo, destacou na rolda de prensa a presenza de importantes músicos e compositories galegos no ciclo como Fernando Buíde, que estreará unha obra – encargo do propio Enclave de Cámara – interpretada polo ourensán Dúo Rivera no último concerto da temporada.
Tamén salientou a amplitude de propostas e formacións, así coma os recitais que ofrecerán os dous grandes do piano no estado español na actualidade: Josep Colom (acompañado pola clarinetista Ona Cardona) e Javier Perianes.
Alba Fernández, ilustradora ourensá á que se lle encomendou a renovada imaxe do ciclo, explicou aos xornalistas como co seu deseño quixo captar a atmosfera máxica e intimista que se produce nun concerto de música de cámara a través dunha mirada doce, evocadora e onírica en torno á experiencia sensorial da música. “Porque se algo nos permite a música é voar polas nosas propias emocións”- asegurou.
Jesús Vázquez, alcalde da cidade, quixo rematar a presentación agradecendo á Deputación de Ourense a súa colaboración e emprazando á cidadanía a acudir o vindeiro mércores 3 de outubro ao primeiro concerto, o que ofrecerá Orphelion Enslemble, un septeto de corda fundado en Viena en 1988 e formado na actualidade por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Enlace á páxina do Ciclo.
Enlace á páxina do Ciclo.