CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Concerto de Orphelion Ensemble, VI Ciclo de Música de Cámara de Ourense ENCLAVE DE CÁMARA

    Ourense, outubro de 2018.-

    O Orphelion Ensemble – septeto de cordas formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia – será o encargado de inaugurar a nova temporada do Enclave de Cámara con obras de Blanc, Nielsen e Beethoven. 
     
    O Orphelion Ensemble  (antes Artemis Ensemble) foi fundado en 1988 en Viena ao redor da actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger. Desde entón, realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados.
    O repertorio comprende obras desde a época clásica ata o presente, incluíndo pezas compostas especialmente para a propia agrupación. Actualmente formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, ampliou o seu repertorio, centrándose no cuarteto de cordas clásico e trío de piano. En Galicia está presente en numerosas localidades, colabora coas máis importantes Sociedades Filharmónicas e traballa no fomento da música de compositores galegos.
    Á parte da actividade concertante, os membros de Orphelion están profundamente dedicados ao ensino e á divulgación da música no ámbito pedagóxico. Participan como titores en varios proxectos e festivais xuvenís e realizan concertos didácticos para todas as idades.
    Entendendo a arte da música como un servizo á sociedade, Orphelion actualmente está proxectando a sétima tempada de concertos benéficos na Academia de Belas Artes da Coruña, ademais de manter unha estreita relación con Aldeas Infantís SOS, en Redondela (Pontevedra).
    Se ben o septeto non é unha forma habitual dos grupos de cámara –onde dominan tríos e cuartetos- si deu lugar á composición de grandes obras, comezando polo inspirado Septimino de Beethoven que o mércores pechará o programa do Orphelion Ensemble en Ourense.
     
    PROGRAMA DO CONCERTO
    Adolphe Blanc (1828-1885) | Septeto Op. 40 Mi maior (30’) 
    Allegro
    Andante (Do maior) 
    Scherzo Tarentelle. Allegro vivace (La menor) 
    Finale. Andante maestoso (Mi menor) – Alegro moderato (Mi maior)
    Carl Nielsen (1865-1931) | Serenata in vano, CNW 69 (10’) 
    Allegro non troppo ma brioso (Re menor) 
    Un poco adagio (Mi bemol maior) 
    Tempo di marcia (Si bemol maior) 
    Ludwing van Beethoven (1770-1827) | Septimino ou Septeto para ventos e cordas en Mi bemol maior. op. 20 (40’) 
    Adagio – Allegro con brio (Mi bemol maior) 
    Adagio cantabile (La bemol maior) 
    Tempo di menuetto – Trio ((Mi bemol maior) 
    Tema con variazioni. Andante (Mi bemol maior) 
    Scherzo – Allegro molto e vivace (Mi bemol maior) 
    VI Andante con molto alla marcia – Presto (Mi bemol maior)
     
    LIGAZÓNS DE INTERESE
     
    MÁIS INFORMACIÓN
    Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook, twitter e instagram.
    Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.
    O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica