CONTACTO

  • Natal
  • Ndal
  • Ciclo Lírico
  • EdC
  • Auditorio
  • Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL

    Ollada ao pasado recupera, no Museo Municipal até o mes de decembro, a obra da artista ourensá Meborat

    Ourense, 04 de outubro de 2018.
     
    O Museo Municipal presentou esta mañá a exposición Ollada ao pasado, unha retrospectiva da obra de Modesta Fernández Blanco, coñecida no mundo artístico como Meborat. Formada por 33 lenzos -desde os máis figurativos, a través dos que recoñeceremos moitos dos recunchos da nosa cidade, até a obra abstracta- e 4 esculturas en pedra, a exposición “supera o ámbito da divulgación artística, é case un actos de xustiza”, en palabras da concelleira de Cultura, Belén Iglesias. 
     
    Formada na Escola de Arte da Deputación de Ourense, Meborat expuxo por vez primeira na Galería Souto no ano 1976 e, case ininterrompidamente, en diferentes lugares de todo o país, até 2009, cando o Ateneo de Ourense acolleu a súa última exposición. A artista finou no 2012 e, desde entón, é o seu fillo Adrián Rey quen custodia a obra no seu estudo da Avenida de Portugal. O propio Rey agradecía as facilidades do Museo Municipal para a instalación desta exposición durante a inauguración da mesma. 
     
    Meborat foi profesora de pintura, no ámbito do Maxisterio, pero tamén foi investigadora das técnicas pero, por riba de todo, foi mestra de artistas: Axudou a diferentes xeracións de estudantes para o exame de ingreso na Facultade de Belas Artes.
     
    A obra pódese visitar no Museo Municipal (rúa Lepanto 8) en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas de martes a sábados, e de 11:00 a 13:30 horas os domingos.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica