CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • O Concello de Ourense abre o prazo para a presentación de carteis para o Samaín e os Magostos até o venres 19

    · O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 €.
    · Os orixinais, en formato electrónico ou impreso sobre cartón pluma de tamaño 50x70 cm, irán acompañados dunha declaración de responsabilidade da súa autoría e do seu carácter inédito.
    · O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. A decisión do xurado será inapelable.
    · Bases completas.
     
    Ourense, outubro de 2018.
     
    A Concellería de Cultura abre o prazo de presentación dos carteis anunciadores para as festividades de Samaín - Festa de Todos os Santos, 31 de outubro -, e a dos Magostos – 11 de novembro -. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, excepto as persoas gañadoras da anterior edición no caso de que aceptaren formar parte do xurado. O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 €. O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto até o venres 19 de outubro.
     
    Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Samaín 2018” e “Concurso carteis Magosto 2018”, acompañados dunha declaración de responsabilidade da súa autoría e do seu carácter inédito, e debaixo un pseudónimo ou lema, así coma cos datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirán os sobres das obras que resulten seleccionadas. O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. A decisión do xurado será inapelable.
     
    Os deseños presentados quedarán en poder do Concello de Ourense, mentres que os deseños gañadores serán empregados como imaxe das festividades de Samaín e dos Magostos. Os restantes poderán ser recollidos nos 30 días seguintes á finalización do concurso, deberán achegar o xustificante que reciben en rexistro. 
     
    Características
    Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente os seguintes textos: “Samaín: Mércores, 31 de outubro 2018” e “Magostos: Domingo, 11 de novembro de 2018, Ourense. Festa de interese turístico”. Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados en dous tipos de soporte: Gravados en alta resolución nun CD (lexible en PC), en formato editable (Adobe Photoshop, Illustrator ou Freehand). Ou impresos e pegados sobre cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm. adoptando forma vertical.
     
    Ademais, terán un espazo libre igual ou superior a 5 centímetros de alto no seu borde inferior para que, con carácter anterior á impresión, a Concellería de Cultura poida incorporar os logotipos e lendas que considere oportunos. O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades destas festas. 
     
    As persoas participantes, polo feito de concursar, aceptan todos os puntos contidos nas bases (que se publicarán na páxina web ourense.gal e en ourensecultura.com).

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica