CONTACTO

  • Magosot
  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Mil quilos de cabazas, obradoiros no centro histórico e un desfile con remate na praza Maior, ingredientes do Samaín

    Ourense, outubro de 2018.
     
    O Concello de Ourense presentou o primeiro pratos do ciclo festivo na cidade: o Samaín, “a tradicional festa de fin do verán que, como xa é costume nos últimos anos, vén cun programa cargado de actividades por e para os máis pequenos, pero da que desfrutamos todos os públicos por igual”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Celebrarase na tarde do mércores, 31 de outubro cun menú composto polos seguintes ingredientes: 1.000 quilos de cabazas, obradoiros e un desfile polas rúas e prazas do centro histórico da cidade: Saco e Arce, Imprenta, Manuel Sueiro e a praza Maior.
     
    “É unha ocasión, a do Samaín, que nos vai permitir unha das máximas deste goberno municipal, que é a de realizar actividades interxeracionais”, apuntaba o rexedor en rolda de prensa, “porque a saúde dunha cidade está nas súas rúas, e esta festa é realmente indicativa do ben que se vive en Ourense”, dixo.
     
    Baixo o paraugas do cartel elaborado polo deseñador Cristóbal Aguiló, gañador do concurso elaborado pola Concellería de Cultura, o programa de actividades comezará ás 17:30 horas co reparto de cabazas na asociación de veciños da Cidade Vella, na rúa Liberdade. A partir de aí, obradoiros de baleirado de cabazas, de maquillaxe, animación e o desfile cara á praza Maior que, como novidade, albergará un concerto de Dj e terá límite de aforo por motivos de seguridade, como xa se vén facendo nas festas de Ourense, por exemplo.
     
    O programa completo para o día Samaín é o seguinte:
     
    17.30 horas. Praza Saco e Arce. 
    Taller de Baleirado de cabazas.
     
    17.30 horas. Praza da Imprenta. 
    Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos a orixe do Samaín. Tres pases de 15 minutos cada un. 

    17.30 horas. Praza da Imprenta. 
    Obradoiro Os sons na noite. As nenas e nenos terán a oportunidade de facer un amuleto que produce son e que empregarán no desfile para espantar os malos espíritos.

    17.30 horas. Praza Manuel Sueiro. 
    Obradoiro de maquillaxe para espantar os malos espíritos.

    17.30 horas. Praza Manuel Sueiro.
    Obradoiro de elaboración de chapas.

    19.00 horas. Desfile de Cabazas. 
    Apágase a luz das rúas e comezará o desfile terrorífico animado musicalmente pola AOFT Gomes Mouro. Percorrido: praza da Imprenta, rúa Colón, Bispo Carrascosa e Praza Maior. Ao rematar baile e festa na Praza Maior con Uxía Lambona e a Banda Molona. 
    --
     
    00.00 horas. Praza Maior. 
    Pinchada Samaín, especial Terror. Actividade dirixida ao público maior de idade. Até as 3:00 horas. 
    As carpas dos obradoiros e a Praza Maior estarán decoradas para darlle un ambiente máis terrorífico á Festa do Samaín. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica