CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • O Ciclo de Lírica e as Noites Sabineras poñen as notas musicais na axenda de Cultura para esta fin de semana

    Ourense, 27 de novembro de 2018.
     
    O dúo formado polo tenor Pablo García-López, un dos nomes máis destacados do presente e do futuro da lírica, xunto co recoñecido pianista Aurelio Viribay, ofrecerá este venres, 30 de novembro, o segundo dos concertos do Ciclo de Lírica. Será, desta vez no Liceo de Ourense ás 20:00 horas. Só unha hora despois, no Auditorio Municipal, a alternativa para os amantes da música do cantautor Joaquín Sabina a cargo dunha banda liderada polo excepcional músico Pancho Varona. Son só dúas das citas culturais da fin de semana en Ourense, no que tamén haberá lugar para o espectáculo familiar de Nadal e para a clásica cita dos domingos co teatro infantil, desta vez en clave de danza.
     
    III Ciclo Lírico De Ourense. 
    Venres 30 Novembro 20:00 horas. Liceo. Entradas, desde 5€.
     
    O tenor cordobés Pablo García-López é un dos nomes máis recoñecidos da lírica actual, pero tamén un dos de maior proxección de futuro. Estuda canto con Juan Luque e perfecciona os seus estudos na Universität Mozarteum de Salzburgo e no Centre de Perfeccionamiento Plácido Domingo do Palau de les Arts de Valencia. 
     
    Canda el estará Aurelio Viribay, pianista especializado no acompañamento e de cantantes, formado co pianista Dalton Baldwin en Francia, con Norman Shetler en Viena, e con Félix Lavilla en Madrid. Foi profesor de Repertorio Vocal na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien e no Konservatorium Wien, e actualmente na Escola Superior de Canto de Madrid. Foi pianista acompañante en cursos impartidos por Thomas Quasthoff na Universität Mozarteum Salzburg, Walter Berry en Cartusiana Internationale Sommerakademie Niederösterreich e Teresa Berganza na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid.
     
    Noche Sabinera.
    Venres 30 de novembro. 21:00 horas. Auditorio Municipal. Entradas desde 14€.
     
    Cancións que forman parte da banda sonora das nosas vidas: Pancho Varona e Antonio García de Diego son coautores de cancións como A la orilla de la chimenea, Aves de paso, Contigo, Corre, dijo la tortuga, Peor para el sol, Resumiendo ou Y sin embargo. Ademais de músicos excepcionais con moitas décadas de oficio. Unha cita inescusable para os amantes das letras do cantautor madrileño. Unha cita para cantar, bailar, rir… 

    Naviland, o lugar onde viven os Reis Magos.
    Sábado 1 de decembro. 17:30 horas. Auditorio. Entradas desde 10€.
     
    Unha superprodución con máis de 10 artistas en escena e coa oportunidade de que os máis pequenos se acheguen ao colo das súas maxestades de Oriente para pedirlles os seus desexos de Nadal. Recomendada para maiores de 2 anos. Os menores que non ocupen butaca, non pagan.

    Nómades, de Xarope Tulú.
    Domingo 2 de decembro. 12:00 horas. Auditorio. Entradas, 3€ anticipada e 4 no despacho de billetes. Recomendado para público de 6 a 12 anos. 50 minutos.
     
    Dirección: Gena Baamonde. Intérpretes: Mara Roja, Diego Martínez e Atenea García. Nomades é un espectáculo onde o movemento, a música e a palabra convidan a viaxar por paisaxes singulares. Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar as persoas en abstracto.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica