- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concerto de Javier Perianes (piano), VI Ciclo de Música de Cámara de Ourense
Ourense, novembro de 2018.-
Un referente a nivel internacional, Javier Perianes, ofrecerá o vindeiro 13 de decembro un dos concertos máis agardados da temporada camerística en Ourense. O pianista andaluz, un dos músicos españois con maior proxección internacional, volve ao Teatro Principal da cidade cun programa composto por obras de Chopin, Debussy e El amor brujo de Manuel de Falla.
Premio Nacional de Música 2012 e “Artista do ano 2019” nos International Classical Music Awards (ICMA), o seu recital en Ourense enmárcase no medio dunha nutrida actividade concertística: a Galicia chega tras unha xira por Alemaña na que debutou coa Konzerthausorchester Berlin e a Gewandhausorchester Leipzig. En decembro iniciará un tour polos EEUU interpretando o Concerto para piano num. 27 de Mozart xunto coa Orpheus Chamber Orchestra e que rematará coa súa volta ao Carnegie Hall de Manhattan. Despois, unha xira por España coa London Philharmonic Orchestra e Juanjo Mena que finalizará no Royal Festival Hall de Londres; así como unha xira de recitais en solitario por toda Europa.
Perianes, que naceu en Huelva e continuou a súa formación en Sevilla e Madrid co mestre Josep Colom (que tamén actuará en maio en Ourense) sóubose rodear de grandes pianistas como Richard Goode, Alicia de Larrocha ou Daniel Barenhoim na súa etapa formativa. En pasadas temporadas actuou xunto á Wiener Philharmoniker, a Royal Concertgebouw, as sinfónicas de Chicago, Boston e San Francisco ou a Filharmónica de Oslo, entre moitas outras.
Artista exclusivo do selo Harmonia Mundi, o seu álbum dedicado a Falla – que inclúe Noches en los jardines de España e unha selección de pezas para piano – foi nomeado ao Grammy Latino 2012. Destaca tamén o seu disco publicado xunto con Pablo Heras-Casado e dedicado a Béla Bartók. O pasado 30 de novembro publicouse o último proxecto discográfico de Perianes, o que dedicou a Debussy co gallo do centenario do seu pasamento con pezas do período tardío do compositor.
PROGRAMA DO CONCERTO
I PARTE
Frédéric Chopin (1810-1849)
- Nocturnos op. 48 (14’)
o Op. 48 n.º 1 en Do menor
o Op. 48 n.º 2 en Fa sostido
menor
- Sonata n.º 3 en Si menor op. 58 (25’)
o Allegro maestoso
o Scherzo. Molto vivace
o Largo
o Finale. Presto non tanto
II PARTE
Claude Debussy (1862-1918)
- Selección
o Danseuses de Delphes
o Le vent dans la plaine
o La fille aux cheveux de lin
o Le sérénade interrompue
o La cathédrale engloutue
o Minstrels
Manuel de Falla (1876-1946)
- El amor brujo
o Pantomina
o Danza del Terror
o Círculo Mágico
o Danza Ritual del Fuego
LIGAZÓNS DE INTERESE
MÁIS INFORMACIÓN
Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook, twitter
e instagram.
Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do
espectáculo.
O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da
Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de
Galicia.
CONTACTO
Roberto Conde | Comunicación Enclave de Cámara
610 98 78 09 | info@enclavedecamara.com