- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
CONCERTO DE RESONANS (quinteto con bandoneón e piano)
Ourense, xaneiro de 2019.-
A obra romántica de Schumann e o tango de Piazzolla interpretado a catro cordas con bandoneón, a proposta musical do Enclave de Cámara para este mes de xaneiro.
A obra romántica de Schumann e o tango de Piazzolla interpretado a catro cordas con bandoneón, a proposta musical do Enclave de Cámara para este mes de xaneiro.
Resonans nace pola conxunción de cinco músicos que pretenden difundir repertorio novo e descoñecido de cuarteto de cordas e bandoneón á vez que renden unha homenaxe ao repertorio dos grandes mestres compositores de quinteto con piano.
As interpretacións destes cinco virtuosos dan nova vida a obras coñecidas do repertorio clásico. No seu recital en Ourense adicarán unha primeira parte ao piano e a catro movementos dunha obra de Schumann na que destaca a intensidade temática romántica e unha segunda parte –xa sen o piano- na que o bandoneón e o tango de Astor Piazzolla toman a palabra. De feito, a historia e obra de Piazzolla está fortemente vencellada a este instrumento de orixe popular alemá pero que se desenvolveu musicalmente no mundo do tango en Bos Aires e Montevideo.
Os membros de Resonans son músicos que contan cunha variada traxectoria, tanto nos ámbitos da música de cámara e orquestra, coma no solístico, cunha carreira consolidada a nivel internacional. Vencellados con distintas orquestras como L'Orchestre de l’Opere nacional de París, Orquestra Nacional de Francia, Pelleas Orchestre de Chambre, Bandar, Cadaquès, Orquestra Sinfónica de Galicia, de San Sebastián, Nacional de Arxentina, Verbier Chamber Orchestra, etc. actualmente son titulares da Orquestra Nacional de España e da Orquestra Sinfónica de Madrid.
Integrantes Quinteto Resonans
Ane Matxaín Galdós, violín | Virginia G. Leonhardt, violín | Laure Gaudron, viola
Gregor Lacour, violonchelo | Claudio Constantini, piano e bandoneón
PROGRAMA DO CONCERTO
I PARTE _ Piano e cuarteto de cordas
Robert Schumann (1818-1856)
Quinteto para piano e cuarteto de cordas
op. 44 en Mi b maior
I. Allegro brillante
II. In modo d'una marcia. Un poco
largamente
III. Scherzo: Molto vivace
IV. Allegro ma non troppo
II PARTE _ Bandoneón e cuarteto de cordas
Astor Piazzolla (1921-1992)
Adiós Nonino (10’)
Las cuatro estaciones porteñas (arranxo
para bandoneón e cordas) (22’)
Otoño porteño
Invierno porteño
Primavera porteña
Verano porteña
LIGAZÓNS DE INTERESE
WEB | https://www.facebook.com/resonans.ensamble/
VIDEO | https://www.facebook.com/resonans.ensamble/videos/914737158721956/
VIDEO | https://www.facebook.com/resonans.ensamble/videos/380823709409735/
MÁIS INFORMACIÓN
Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook, twitter
e instagram.
Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do
espectáculo.
O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da
Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de
Galicia.
CONTACTO
Roberto Conde | Comunicación Enclave de Cámara
610 98 78 09 | info@enclavedecamara.com