CONTACTO

  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • Audittori
  • Entrudo
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Talento ourensán por partida dobre na programación do Auditorio para a fin de semana: Luís Cepeda e Tito Asorey

    Ourense, xaneiro de 2019.
     
    O Auditorio de Ourense amosa o talento de dous autores da nosa cidade, o do músico Luís Cepeda e o do dramaturgo Tito Asorey. En ambos casos, por partida dobre, xa que haberá dous pases dos respectivos espectáculos. As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes de cada función.
     
    Cepeda: xira Principios
    Con todas as localidades esgotadas para o primeiro concerto (o do venres 25 ás 21:30 horas), Luís Cepeda repite o sábado 26 ás 21:30 horas co recital da xira Principios. Entradas á venda a 32,40 euros no anfiteatro e 37,80 euros no patio de butacas.
    En 2016 recibira a proposta de concursar no programa de televisión ‘La Voz’. Pero meses despois presentouse ao cásting de Operación Triunfo, entrou na Academia e alí asimilou os valores, as técnicas e a gozar sobre o escenario.  Logo de lanzar alcanzar o número 1 nas listas de vendas de España co seu primeiro single, ‘Esta Vez’, co que tamén foi número 1 en iTunes e co que acadou 4,5 M de reproducións en YouTube, Cepeda publica o seu primeiro álbum: Principios. 
    Poderemos atopar cancións propias elaboradas coa complicidade do produtor e compositor David Sansebastián, coñecido polo seu traballo xunto a India Martínez, Antonio José ou María Parrado, entre outros moitos. En Principios tamén hai composicións antigas que nos van permitir coñecer como era ese artista anónimo e tímido que escribía por puro pracer. 
     
    O empapelado amarelo. A quinta do cuadrante.
    A nova dramaturxia de Tito Asorey e de Melania Cruz. Teatro en galego recomendado para + 15 anos. Sala Principal. Capacidade máxima 100 persoas. Dúas funcións: ás 18:00 e ás 20:00 horas. Entradas:5 euros.
    O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal baseado no relato autobiográfico homónimo publicado no século XIX pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman, un referente feminista de gran importancia na historia da literatura universal. A proposta escénica busca dialogar coas palabras da escritora desde a nosa contemporaneidade a través da palabra, o ritmo e as atmosferas visuais e sonoras nunha viaxe sensorial liberadora cara aos territorios da loucura e da lucidez.

     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica