CONTACTO

  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • Audittori
  • Entrudo
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Un concerto solidario a favor de Manos Unidas, música para bebés e un espectáculo de danza para todos os públicos, oferta do Auditorio para esta fin de semana

    Ourense, 29 de xaneiro de 2019
     
    O Auditorio Municipal vivirá unha intensa fin de semana con actividades dirixidas ao público máis novo da cidade e coa celebración do X Concerto Solidario que organiza a ONG Manos Unidas, este venres 1 ás 20:00 horas. A venda de entradas, a 5€, será destinada integramente a equipar un laboratorio médico nun centro de saúde da India, e contará coa participación da Real Banda da Deputación de Ourense, Emilio Rúa, e diferentes músicos e asociacións de danza da cidade. A organización dispón, tamén, unha fila cero para todos os interesados en colaborar coa causa.
     
    Arrerrú, de Rilo & Penadique
    Ata 4 anos. Venres 1, ás 18:00 e 19:00 horas. 35 min. 3 €.Gratuíto para bebés.
    Arrerru é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza. As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto…os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos adultos, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.
     
    PI, de Otradanza
    Danza. Todos os públicos. Domingo 3, ás 12 horas. Entradas 3 €.
    Se observásemos cada elemento que nos rodea a través dun microscopio visualizariamos a simetría das súas formas, as cores nas súas ás, a repetición nas súas follas e descubririamos a perfecta arquitectura que produce a natureza.
    Se todo o que vemos ante os nosos ollos puidésemos descifralo en códigos e diseccionalo chegando ao máis minúsculo detalle das cousas que nos rodean, chegariamos ao puro infinito e avistariamos PI, un espectáculo de danza para público infantil e familiar onde entramos nun mundo cheo de curiosos insectos que ao se relacionar desvelan agochados segredos.
    PI é un espectáculo visual, onde o corpo e a súa expresividade nos transporta a un universo microscópico, fragmentado, onde o xeral se torna detalle.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica