CONTACTO

  • Samain e magostos
  • Apego
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O Concello convoca o 35 Premio de Poesía Cidade de Ourense, cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora

    Ourense, febreiro de 2019
     
    O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. O ano pasado tivo como gañador o poeta allaricense Carlos da Aira, coa obra “Prender os fachos, compoñer os ósos'.
     
    O Cidade de Ourense está aberto a todas as persoas que desexen participar, de calquera nacionalidade, agás quen gañaron o premio nas 5 edicións anteriores. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata as 14 horas do 12 de abril.
     
    As bases completas pódense consultar nos espazos web do Concello de Ourense (www.ourense.gal) e da Concellería de Cultura (www.ourensecultura.com) Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos. Presentaranse preferentemente en soporte dixital ou en papel por quintuplicado, baixo lema, indicando “PARA O XXXV PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado. As persoas que concorran de Portugal poderán entregar os seus traballos na Cámara de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos. Unha persoa pode presentar máis dunha obra ao certame, sempre e cando cada unha se presente de forma independente e cumprindo todos os requisitos.
     
    O xurado estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador da edición anterior e unha persoa representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión producirase no mes de xuño e será inapelable. Quen gañe tamén recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado na seguinte edición. 
     
    Carlos da Aira
     
    O certame tivo como gañador na pasada edición o poeta allaricense Carlos da Aira, cuxa obra “Prender os fachos, compoñer os ósos' foi elixida por unanimidade por un xurado composto por Luís Tosar, poeta e presidente do Pen club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior. 
     
    O xurado valorou a obra do seguinte xeito: “Alicerzado nun discurso literario despoxado de artificialismos, mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario, esta obra constitúe un exemplo de como é posíbel transmitir a mensaxe, denunciar, insinuar, dar o recado, usando para o efecto, a poderosa suxestión da palabra, ao final, unha das trabesmestras da poesía, desempeñando así, unha das súas funcións primordiais, cuxo significado se reviste de particular significado nos días que corren”.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica