- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
O Encontro orquestral e coral dos conservatorios superiores de música de Galicia subirá, este venres, 150 intérpretes ao escenario do Auditorio Municipal
Ourense, 20 de marzo de 2019.
Un total de 150 intérpretes de entre 18 e 23 anos subirán, este venres ás 20:30 horas, ao escenario do Auditorio Municipal. Todos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Vigo e da Coruña, que se reúnen desde hoxe en Ourense para preparar un encontro orquestral e coral que se plasmará na realización de tres concertos, o primeiro deles na nosa cidade, antes de partir cara á Coruña, onde actuarán o sábado 23, e a Vigo, o domingo 24. “Será unha oportunidade para aprender e para gozar da música”, declarou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad na presentación. “Dúas caras da mesma moeda, a cultura, que sempre nos ofrece un valor engadido”, dixo.
O encontro, baixo o amparo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a través das súas direccións xerais, ofreceralles aos ourensáns a posibilidade de gozar “dunha espectacular montaxe, instrumental e coral”, en palabras de Esteban Valverde Corrales, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo, pero tamén servirá para que os futuros músicos intercambien experiencias a través dunha intensa convivencia e o encontro fronte á fronte co público, que pasa por ser “unha das maiores motivacións dos estudantes”, dixo Valverde Corrales.
O Encontro reunirá a aproximadamente a 150 intérpretes que conformarán unha grande Banda Sinfónica con Coro, conducidos polo profesor Juan Carlos Díaz. A entrada é de balde -o despacho de billetes do Auditorio estará aberto desde dúas horas antes do concerto- até completar aforo.
Programa:
Sinfonía No. 3 - Circus Maximus, de John Corigliano (n.1938) 35'
I. Introitus
II. Screen/Siren
III. Channel Surfing
IV. Night Music I
V. Night Music II
VI. Circus Maximus
VII. Prayer
VIII. Coda: Veritas
Five Hebrew Love Songs, de Eric Whitacre (n.1970) 10:30'
I. Temuna (A Picture)
II. Kala Kalla (Light Bride)
III. Larov (Mostly) "Mostly,"
IV. Eyze Shelleg! (What Snow!)
V. Rakut (Tenderness)
Sinfonía No. 4 en Mim Op. 16 (IV. Movemento) de Joly Braga Santos (1924-1988) 20:00'
Orixinal para Orquestra e Coro. Transcrición para Banda de Fernando De Sousa Alves.