CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • As bandas de rock Marea e Siniestro Total, as primeiras confirmacións para o cartel das Festas de Ourense 2019

    Ourense, 02 de abril de 2019.
     
    O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes  máis senlleiros do panorama rock, que estarán na nosa cidade o xoves 27 e o venres 28 de xuño respectivamente. 
     
    Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O concerto será ás 22:30 horas na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu (web oficial). Porén, as entradas poranse á venda desde as 17:00 horas desta tarde (en www.ticketmaster.es, en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 e nos puntos de venda físicos habituais -en Ourense, na sede de Afundación, na Praza Maior) a un prezo de 12 euros máis gastos de xestión as 1.000 primeiras.
     
    O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación “con planeamentos iconoclastas e neodadaístas”, como afirman na súa folla de promoción. Actualmente, a banda está formada por Julián Hernández (voz principal, harmónica, guitarras), único supervivente da formación orixinal, Javier Soto (voz, guitarra e coros), Ángel González (batería e percusións), Jorge Beltrán (saxo e teclado) e Óscar G. Avendaño (baixo e coros).
     
    O seu directo, potente e moi divertido, promete ser “un repaso mordaz sobre o ser humano nos últimos 35 anos”, afirman. A súa actuación será na Praza Maior desde as 0:30 horas, de balde pero con aforo reducido.
     
    Antes de Siniestro Total, ás 22:30, subirán ao mesmo escenario os N.E.O., a nova formación de Alberto Cereijo e Tino Mojón, integrantes de Los Suaves.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica