CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Axenda Cultural do Concello de Ourense

     
    Todas as entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com ou unha hora (no Teatro Principal) ou dúas horas (no Auditorio) antes da función nos respectivos despachos de billetes.
     
    Durante o sábado 6 e domingo 7 de abril estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro os tradicionais postos de rosquillas, lambetadas, abelás e produtos típicos das festas. A tradicional Queima das Madamitas será o domingo ás 13:00 horas.
     
    Ourense, 02 de abril de 2019.
    Música, teatro e actividades infantís son os eixos sobre os que pivota a oferta cultural do Concello de Ourense para esta semana. As actividades comezan este mesmo xoves con tripla convocatoria: Enclave de Cámara, Festival de Jazz e teatro para adultos. O venres, dobre ración de música (Música do Camiño e Bustamante) e teatro para bebés. E o domingo, día da Romaría do San Lázaro, haberá teatro infantil no Auditorio pola mañá, e actuación de Luis Piedrahita pola tarde.
     
    Trío Arriaga – Enclave de Cámara
    Xoves 4 de abril. 20:00 horas. Teatro Principal. Entradas: de 5 € a 8 €.
    Volve o ciclo Enclave de Cámara coa música do Trío Arriaga (Juan Luis Gallego, violín, David Apellániz, violonchelo, e Daniel Ligorio, piano), o lugar de encontro de tres músicos de recoñecido prestixio e alí onde converxen as súas traxectorias solísticas. Con concertos nos mellores festivais europeos, os seus proxectos discográficos en solitario (máis de 25 álbums), e os múltiples galardóns conseguidos en concursos nacionais e internacionais de interpretación aválannos como un trío de referencia da súa xeración. Poderemos escoitar por ver primeira en Galicia a obra dun compositor galego vivo, Eduardo Soutullo (Le sourire de Isabelle H), cuxa presenza está confirmada. [Máis info]
     
    “Invisibles”, de Redrum
    Xoves 4 de abril. 20:30 horas. Auditorio Municipal. Entradas: desde 5€.
    Un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. Dirixida por Marián Bañobre e protagonizada polas recoñecidas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, foi a gran trunfadora dos Premios de Teatro María Casares deste ano logrando as estatuíñas de Mellor Dirección, Mellor Adaptación e Mellor Iluminación. [Máis info]
     
    Diego Amador Trio - Festival de Jazz Primavera 2019
    Xoves 4 de abril. 23:00 horas. Café Latino. Entrada sen consumición: 15 euros.
    Diego Amador (piano), Rafa Díaz (baixo), Diego Amador Jr (batería e percusión). Free jazz en estado puro. En 1994 publica o seu primeiro disco, Patita Negra. En 2009 compartiu escenario con Pat Metheny, durante o Festival de Jazz de Vitoria. Ao ano seguinte xirou por Andalucía co contrabaixista Charlie Haden. Soy de las 3000, editado en 2016 coa participación de Alejandro Sanz e Óscar de León é o seu disco máis biográfico. 
     
    “Nube, nube, sol”. Teatro ao Cubo - Apego
    Venres 5 de abril. 18:00 + 19:00 horas. Auditorio. Entrada: 3€ (crianzas gratis)
    As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ao cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre. Recomendada de 0 a 4 anos
     
    Senhora del Mundo, de Camerata Piú Bassa - Música do Camiño
    Venres 5 de abril. 20:30 horas. Igrexa de Santa Eufemia. De balde.
    Música profana e relixiosa do Renacemento. Francisco Luengo e Patricia Rivero (violas de gamba), Esperanza Mara (voz) e Eneas Freire (guitarra) son Camerata Più Bassa, un grupo de xente nova cunhas ideas claras e respectuosas coa interpretación con criterios historicistas. De balde até completar aforo, no marco do ciclo Música do Camiño.
     
    David Bustamante
    Venres 5 de abril. 21:30 horas. Auditorio Municipal. Entradas: desde 25'50 €
    Co Tour Héroes está a percorrer toda España interpretando todos os éxitos da súa carreira e presentando “Héroes en tiempos de guerra”, cuxo primeiro single “Héroes” entrou directamente ao nº 1 en Itunes e roza co videoclip o millón de visitas no Youtube. Supón o regreso do Bustamante máis melódico e carismático, cun álbum no que se confirma unha vez máis como un dos artistas máis mediáticos do noso país. 
     
    Romaría do San Lázaro
    Domingo 7 de abril, horario de mañá.
    Durante o sábado 6 e domingo 7 de abril estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro os tradicionais postos de rosquillas, lambetadas, abelás e produtos típicos destas festas. O domingo ás 11:45 horas haberá alborada cos gaiteiros Gomes Mouro e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e parque San Lázaro. Ás 13.00 horas será a Queima de Madamitas a cargo da Pirotecnia Josman.
     
    “Ummm!”, de Avento Teratro. Teatro infantil.
    Domingo 7 de abril. 12:00 horas. Auditorio Municipal (Sala Azul). Entradas: 3€
    Unha comedia musical para chuchar os dedos. A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, dona Remedios decide contratar un novo axudante con novas ideas para os doces que a xente está a demandar nestes días. Recomendado: de 3 a 8 anos.
     
    “Las amígdalas de mis amígdalas...” Luis Piedrahita
    Domingo 7 de abril. 19:00 horas. Auditorio Municipal. Entradas: desde 15€
    Un show de Luís Piedrahita pensado para xente esixente, aseada e con sentido do humor. Deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. Per se cadra foi o propio Piedrahita quen o dixo...
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica