- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Concello aproba as bases e a convocatoria do concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2019, que terá un premio de 1.000 euros
Ourense, 30 de maio de 2019
O Concello de Ourense aprobou as bases e a convocatoria do concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2019, que terá un premio de 1.000 euros para o gañador. “As obras deberán ser inéditas e orixinais, e non poden ter sido premiadas anteriormente nin atoparse pendentes da resolución do xurado noutros concursos”, explicou o alcalde de Ourense en funcións, Jesús Vázquez, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.
As bases e o modelo para a declaración responsable estarán publicadas na web do Concello e na páxina web da Concellería de Cultura. O prazo límite para a presentación será o venres 7 de xuño. Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, no que figurará “Concurso Carteis Festas 2019”, baixo un pseudónimo ou lema.
Enlace ás bases.
Enlace ás bases.