- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A danza e as artes do corpo toman de novo as rúas da zona vella da cidade coa novena edición de Corpo (a) Terra
Ourense, 5 de xullo de 2019
A danza e as artes do corpo encherán de vida e talento un ano máis as rúas da cidade coa novena edición de Corpo (a) terra. Artistas internacionais e de Galicia, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafos e coreógrafas, bailarinas e bailaríns de Ourense, que protagonizarán as catro actuacións diarias, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configura a programación. Danlle continuidade así a unha exitosa actividade que desde o verán de 2011 enriquece a oferta cultural da cidade e reivindica un novo uso do espazo urbano que apela a participación cidadana a través da danza.
A zona vella, as prazas de Santa Eufemia e San Martiño, a escalinata de Santa María Nai, o mirador de San Francisco, a explanada de Expourense, o Café cultural Auriense e o Centro Cultural marcos Valcárcel serán escenario das actuacións do festival, que terá tamén unha xornada en Allariz, o 6 de xullo.
O festival, que organiza trasPediante, recibe unha aportación de 14.950 euros a través dun contrato asinado coa Concellería de Cultura. Toda a información está en www.corpoaterra.com Facebook: @corpo(a)terra Instagram: corpoaterra
PROGRAMACIÓN DO IX FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO CORPO DE OURENSE CORPO (A) TERRA 2019, DE 2 A 13 DE XULLO
Día 5 de Xullo – Ourense
- Presentación de O lugar que non hai | último libro de Pesía de Estevo Creus, Ed. Chan da Pólvora / 21:00 - 21:20h, Café cultural Auriense
- Nazario Díaz / 22.00h - 23h , Claustro de San Francisco.
Día 6 de Xullo – Allariz
- Presentacións da mesa de traballo: Repensarnos como Patrimonio Inmaterial Actual. 16:30 - 18:30. Allariz, Fogar do Maior
- Publishing performance | MACACO Press. 20:30 - 21:30, Praza de Abaixo
- ONE HIT WONDER | Lina Segovia, Carlos Regueyra (Ganadores SóLODOS), 21:30 - 21:40, Praza de Abaixo
- Julia Zac | 22:00 - 22:30 , Praza do Matadoiro
- Alejandra Pombo / 23:30-00:40, Campo Branco
Día 10 de Xullo – Ourense
- Cía Alias_ danzas espontáneas 19:15 - 23:30
- CONFERENCIA: Iker Gómez / 20:00 – 21:00h, Centro Cultural Marcos Valcárcel
Día 11 de Xullo – Ourense
- Cía Alias_ danzas espontáneas 20:00 - 22:30h, Zona Vella distintos lugares
- Elahood: Impermeable / 21:00 - 21:15, Praza Santa Eufemia
- Ertza: Meeting Point (Circuito Redacieloabierto) / 21:30 - 21:45h, Escalinata Santa Martía Nai
Día 12 de Xullo – Ourense
-Sabela Mendoza: Conferencia performativa / 20-21h CC Marcos Valcárcel
- Publishing performance: MACACO Press / 21-22h, Praza Santa Eufemia
-Unaiuna (Circuito Redacieloabierto)/ 22:00 - 22:15h, Praza Santa Eufemia
Día 13 de Xullo – Ourense
-CONFERENCIA: Manu Lago / 13:00 – 14:00h, CC Marcos Valcárcel
- Publishing performance | MACACO Press 20- 21h, Praza Santa Eufemia
- Cía Iker Gómez: Nowere_Madrid (Circuito Redacieloabierto) / 21:00 - 21:15h, Praza de San Martiño
- Alvaro Reboredo "Fitinho” / 21:30 - 21:45h, Mirador de San Francisco
- Jesús Rubio: GRAN BOLERO / 22- 23h, explanada do Auditorio
- Dj Balboa / 23:30 - 00:30, Praza de San Marcial
Residencia de formación con Jesús Rubio Gamo
Corpo(a)terra 2019 inclúe tamén entre as súas actividades unha residencia de formación artística con Jesús Rubio Gamo cun grupo reducido de bailarinas e bailaríns. As participantes seleccionadas partillarán o proceso de adaptación da peza GRAN BOLERO ao contexto da IX edición do festival, que se representará o día 13 de xullo pechando a programación oficial de pezas de danza do festival.