CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Charo Lopes Sanchez, gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense

    Ourense, xullo de 2019
     
    María del Rosario López Sanchez é a gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, reunido esta mañá no Auditorio, seleccionou o seu poemario entre os presentados por un total de 49 participantes provintes de Galicia e de Portugal. Baixo o título "Álbum", Charo López Sánchez presentou un poemario do cal o xurado destacou a súa claridade nítida. A obra -subliñou-  ofrece unha estética clara e coherente onde na súa lectura, un vaise imaxinando as imaxes que recrea. En canto os temas tratados, salientan o autocuestionamento moi sincero da propia vida e da ética.
     
    O xurado elixiu esta obra por unanimidade e valorou moi positivamente a calidade de todas as persoas participantes.
     
    Na elección deste XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense participaron:
    - Carlos da Aira (gañador da pasada edición).
    - Celia Pereira (activista cultural).
    - Rochi Nóvoa (poeta ourensá).
    - Mónica F. Valencia (Técnica de Normalización do Concello de Ourense).
     
    O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do publicación do libro.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica