CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • A Concellería de Cultura publica as bases das axudas para apoiar a realización de actividades culturais e festivas

    Ourense, setembro de 2020.-
     
    A Concellería de Cultura do Concello de Ourense publica na páxina web www.ourense.gal as bases que rexerán a convocatoria de axudas destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas na cidade considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidas por asociacións de veciños e comisións de festas.
     
    As entidades interesadas poderán solicitalas proximamente, durante un prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ao que se publique o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
     
    Estas axudas correspóndense coas LIÑAS I e II do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura:
     
    LIÑA I Subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural:
     
    Proxectos relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura.
    Edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte.
     
    Actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da cidade de Ourense.

    LIÑA II Subvencións a asociacións de veciños e comisións de festas que desenvolvan accións no eido festivo: Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro.
     
    As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios obxectivos que se concretan nas bases, que se poden consultar na sede electrónica do Concello.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica