CONTACTO

  • Avance audi
  • MMOu
  • EdC
  • O autor ferrolán Jorge Llorca, gañador do XX Premio Risco de Creación Literaria coa obra O anxo de Durero

    Ourense, 28 de novembro de 2019
     
    A obra co lema Mar adentro e o título O anxo de Durero, do autor ferrolán Jorge Llorca é a gañadora da vixésima edición do Premio Risco dre Creación Literaria, que convocan o Concello de Ourense e a Fundación Risco.
     
    Así o acordou na xuntanza que celebrou este mediodía no Liceo o xurado deste certame, que estivo formado por Mario González,  concelleiro de Cultura, Luis Martínez Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco, Andrea Fernández Blanco, tradutora, e María Fernández da Costa, profesora de lingua e literatura galegas, actuando como secretaria a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Mónica Fernández Valencia
     
    O certame, que lles rende homenaxe a Vicente Martínez Risco e ao seu fillo Antón Martínez-Risco Fernández, está dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. Presentáronse 20 traballos a esta edición
     
    O xurado destaca da obra gañadora “a calidade da linguaxe literaria. Un texto que seduce xa desde o inicio, convidando a acompañar a historia e as personaxes até o desenlace”. Destaca sobre todo, dí o xurado, “a voz narradora, que se presenta como unha persoa de común pero ao tempo, excepcional. Tamén valoramos as descricións plásticas que trasladan dun xeito moi nítido, a persoa lectora ao interior da trama. O coñecemento e a idiosincrasia do pobo galego aparece perfectamente reflectido neste interesante relato”, subliñan tamén
     
    Jorge Llorca une así o seu nome a autores e autoras como Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Isidro Novo, Xosé Vázquez Pintor, Alberto Ramos, Fernando R. Méndez ou Adelaida Vidal que acadaran este premio en edicións anteriores deste certame, que cumpre xa os 20 anos.
     
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica