- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Concello de Ourense premia as mellores creacións do XXIV Concurso de Beléns de Nadal
Ourense, 30 de decembro de 2019.
O XXIV Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense xa coñece os gañadores dos mellores nacementos expostos ao público na cidade durante as datas de Nadal en tres modalidades: entidades, familiares e escolares. O xurado valorou os materiais empregados e os efectos de luz, auga e outras creacións, tendo en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso, e repartiu os 2.000 euros en premios da seguinte maneira:
Na categoría de Entidades, aberta a asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, os premios foron: primeiro premio de 400 euros, para a Residencia Nosa Señora da Esperanza, por segundo ano consecutivo; e un segundo de 300 euros para a Residencia As Flores.
Na categoría Familiares, para os mellores beléns instalados en domicilios particulares: primeiro premio para a familia Corral, 300 euros, e segundo para a familia de América Vázquez, 200 euros.
Na categoría Escolar, para alumnos e alumnas de ensino non universitario: primeiro premio para o CPR Plurilingüe Divino Maestro, 300 euros, o segundo para o Colexio Plurilingüe Divina Pastora, 200 euros.
O premio especial de 300 euros á creatividade e singularidade nos materiais e no deseño xeral da montaxe do Belén, foi este ano para a Comunidade das Clarisas Reparadoras.
Os beléns deben estar á vista ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc. En lugares como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público foi de dúas horas ao día, como mínimo, dentro do horario comercial, e sinalizados cun cartel no exterior do edificio.
No seguinte enlace, a lista completa do XXIV Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense.