- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A Cabalgata contará a historia dos animais do mundo que atoparon os Reis Magos na súa viaxe a Ourense
Ourense, 3 de xaneiro de 2020.-
As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Ourense este domingo para a ledicia da rapazada. A cabalgata sairá desde a Avenida das Caldas ás 18:00 horas, e desfilará repartindo 3.000 quilos de caramelos até a Praza Maior, emprazamento da fin de festa das 26 carrozas participantes. A temática elixida pola Concellería de Cultura serán os animais do mundo.
A cabalgata contará a historia da viaxe dos tres reis magos polo mundo ata chegar á cidade de Ourense. No seu periplo, foron atopándose animais fantásticos e marabillosos que decidiron acompañalos para coñecer as nenas e os nenos de Ourense. Unha narrativa construída a través das imaxes oníricas propostas nos espectáculos e animacións coas representacións de diversos animais, utilizando atractivas técnicas de construción escenográfica para representar o mundo animal.
Os elementos que compoñen esta cabalgata están deseñados para a constante interacción co público, de forma que as nenas e os nenos aperten, toquen e palpen estes marabillosos seres. A través deste espectáculo, o Concello quere achegarlles o mundo animal ás cativas e aos cativos de Ourense dunha maneira sá, ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.
Máis de 300 persoas participarán activamente na Cabalgata facendo figuración. Ademais, técnicos municipais encargaranse de acompañar o desfile durante o percorrido, ademais de persoal de Protección Civil e Policía Local.
A cabalgata retransmitirase en directo a través dunha pantalla na Praza Maior, e da pantalla publicitaria instalada na praza do Bispo Cesáreo.
A entrada do público será libre, e o aforo estará será limitado por motivos de seguridade. As vías de evacuación estarán debidamente indicadas. A comitiva sairá pola Rúa Colón. Desmontaxe das animacións teatrais e bailarinas, na rúa da Barreira despois de saír pola Rúa Colón. Desmontaxe de charangas, na Praza da Imprenta.
As carrozas marcharán cara ao Xardín do Posío.
A CABALGATA 2020
Chegada e colocación - Avenida de Marín, 16.00h.
Percorrido:
Avenida das Caldas >
Ponte Romana >
Progreso >
Praza Maior.
Integrantes:
1. Banda Deputación.
2. Bombeiros.
3. Tren Nº 1.
4. Aperta.
5. Animación 1, Osos Polares
6. Carro 1 Son.
7. Grupo de bailarinas con paraugas.
8. Animación 2, Cisnes.
9. Charanga Támega.
10. Comitiva Carteiro Real.
11. Carro Son 2.
12. Grupo de bailarinas con cartas.
13. Carroza do Carteiro Real
14. Animación 3, Cebras.
15. A Mekánika Rolling Band
15. Carro Son 3.
16. Comitiva Rei Melchor: bailarinas con aros iluminados.
17. Carroza Rei MELCHOR
18. Carro Son 4
19. Comitiva Rei Gaspar: bailarinas con bastóns iluminados).
20. Carroza Rei GASPAR
21. Animación 4: Flamingos
22. Percusión: Trópico de Grelos
23. Comitiva Rei Baltasar.
24. Carroza Rei BALTASAR
25. Carroza con agasallos
26. Tren Nº 2.
Na Praza Maior (19:30h aprox)