- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Cultura rectifica premios do concurso de Comparsas do Entroido 2020 na categoría de menos de 10 integrantes
Ourense, marzo.-
A Concellería de Cultura rectifica a concesión dos premios do Concurso de Comparsas 2020, cuxas bases establecían premios económicos para as diferentes categorías, atendendo a senllas reclamacións (recibidas 26 e 2 de marzo) que denunciaban a inclusión de comparsas con máis integrantes dos debidos.
Daquela, 'Arlequíns venecianos' acada o primeiro premio na categoría de Comparsas de menos de 10 persoas, dotado con 400 euros, 'Damas Invisibles' o segundo (300 euros), e 'O que arde' o terceiro (200 euros).
Logo de rectificar a acta, as comparsas 'La boda del año' e 'Asociación de Persoas Xordas de Ourense' pasan á categoría de máis de 10 persoas, na que acadan unha valoración inferior á das premiadas na mesma, polo que non modifican o cadro.
O departamento de Cultura repartía 18.000 euros en premios entre os participantes no desfile do pasado domingo, 23 de febreiro.