- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Concello deseña unha programación cultural de verán que aposta polos espectáculos itinerantes de artes escénicas e musicais na rúa
Ourense, 20 de abril de 2020
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense ven traballado, dende a declaración do estado de alarma, co obxectivo de recuperar e reforzar a actividade cultural da cidade. Con tal fin, prepárase unha programación de rúa para os meses de xullo, agosto e setembro, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan, con espectáculos itinerantes de artes escénicas e unha especial presenza da música e do teatro. Os espectáculos desenvolveranse de forma itinerante para evitar que o público forme concentracións.
Con este modelo haberá actividades semanais para todos os públicos, que dinamizarán varios días as rúas da cidade con propostas que, polo seu formato, se adaptan ás restricións que obriga a pandemia.
Por outra banda, o Concello está adiando para novas datas, a partir do mes de setembro, as actividades incluídas na programación do Auditorio e nos ciclos musicais afectadas polo estado de alarma, sempre coa idea de non cancelar, salvo que sexa inevitable, e planificando desde setembro, como medida prudente para non sufrir novos aprazamentos.
Tamén ultima novas exposicións nos diferentes espazos expositivos municipais, coma a que pretende dar a coñecer á cidadanía os fondos propios do Concello de Ourense “Os nosos fondos”, que acollerá o Museo Municipal.
Así, o Concello vénse anticipando a moitas das propostas que o sector das artes escénicas demanda das administracións públicas e que se recollen nas 52 medidas presentadas ao Ministerio de Cultura polas principais asociacións das artes escénicas e da música, entre a que está "La Red de Teatros y Auditorios de Titularidad Pública" á que pertence o Auditorio de Ourense. Auditorio de Titularidad Pública" á que pertence o Auditorio de Ourense.