- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A Bela Auria regresa a Ourense e celebra o seu décimo aniversario no centenario de NÓS
Ourense, setembro de 2020.-
O sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado, xusto cando se compre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós. Baixo o lema "Celebremos Nós", regresa desta volta con reberetes de festival literario.
O evento "non será outra homenaxe", vai visibilizar aspectos transversais e temáticas que aparecen en NÓS: "a infancia, as mulleres que participaron na revista, a sexualidade, a festa, a creatividade, a música", explica Óscar Penín, director do evento.
A organización orienta esta edición do evento dende unha óptica aberta e integradora. Traducións a lingua de signos, espazo amigable coas mascotas, espazo seguro libre de Covid-19, espazo sostible (uso de materiais reciclados e reciclables....etc), música e son sen estridencias, iluminación sen estridencias etc. con máis de unha ducia de horas de programación.
A Bela Auria recuperará un ano máis o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado.
Conscientes das complicacións deste 2020, e as medidas impostas pola pandemia, a festa pensouse con actividades descentralizadas, espazos amplos, e control de aforos que permitan manter a seguridade do público. "Son moitas horas, hai oco para que todo Ourense atope A Bela Auria este día". Na organización instan a ir xa remexendo no baúl do faiado, na procura da mellor chaqueta, boinas e chapeus, faldras e boas de plumas. As mellores roupas para modear con estilo na elegante, xeitosa, e lucida cidade de NÓS. Na esplendorosa Atenas de Galicia, que regresa no tempo.