- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O xoves remata o prazo para participar no concurso de comparsas e carrozas do domingo de Entroido
As persoas interesadas terán de prazo ata o día 7 de febreiro ás 14 h. Para eso, deberán dirixirse á concellería de Cultura (Auditorio Municipal, na rúa da Canle), no teléfono 988 391 290, no fax 988 232 577, ou no mail cultura@ourense.es.
Ourense, 5 de febreiro de 2013.-O vindeiro xoves é o último día para apuntarse ao concurso de comparsas e carrozas do desfile do domingo de entroido. Para o concurso de Rei ou Raíña do entroido, poderase inscribir con antelación, ou o propio día do desfile (domingo 10 de febreiro).
As bases están abertas á participación de todas as asociacións veciñais, culturais ou suvenís, grupos, colexios, etc. Os premios para o concurso establécense por categorías, as cales manteñen a división doutros anos: Premio ao Rei ou Raíña, comparsa con menos de 10 compoñentes, comparsas con máis de 10 compoñentes, comparsa máis numerosa, comparsa máis ocorrente, comparsa con mellor animación, carroza con mellor deseño e carroza con mellor animación. Tamén haberá axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio. Este ano baixa lixeiramente a dotación do premio para as comparsas, manténdose no resto das categorías. No caso de que así o considere o xurado, poderá declararse deserto algún dos premios, e destinar isa contía a crear un ou varios accésits nalgunha categoría prevista.