CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Mañá comeza o Entroido, 6 días de actividades que converten a Ourense na capital da festa

    Ourense, 7 de febreiro de 2013.-Xa non queda nada para que comece de forma oficial o Entroido 2013. Esta é unha das mais arraigadas celebracións do noso ciclo festivo, e desde logo este ano non vai a ser menos. Para que os veciños e veciñas e tamén os que nos visitan, estes días a cidade de Ourense ten preparada unha ampla oferta de actividades para que toda a xente desfrute do Entroido por todo o alto.
    Mañá venres, a partir das 21.00 h na Praza Maior, terá lugar o primeiro gran evento destes días, o pregón. Ao rematar sairá da propia Praza Maior unha ruada cos Festicultores, que animarán como se merecen as rúas da Cidade Vella. A eles uniráselles a partir das 23.00 h máis animación de rúa coas charangas Dr Antxoa, Trópico de Grelos e Mekánika. Ademais, a partir das 00.00 na Praza do Correxidor haberá sesión Dj´s.
    O sábado 9 de febreiro, a partir das 11.00 h, as charangas Os chispas e Os centellas sairán desde o Parque de San Lázaro en dirección ás rúas da Cidade Vella. Un cuarto de hora máis tarde, comezará unha festa infantil de Entroido, organizada pola Asociación Amencer. Pola tarde as 17.30 h farán o propio as charangas Castro Bello e Os entreamigos, e tamén terá lugar na Praza Maior a festa infantil O Baile da Corte. Nesta actividades os máis pequenos poderán gozar de contos, xogos medievais, coreografías, bailes e xogos musicais. Xa na entrada do serán, e mergullándonos de cheo na festa, teremos a oportunidade de deleitarnos coas charangas Dr Antxoa, Los estupendos Burruños, Mucha marcha, Trópico de Grelos, Air Jalisia e Os perqutores, con pases ás 20.30 h e ás 00.00 h. A partir desa última hora contaremos tamén con sesión Dj´s na Praza do Correxidor. Por outra banda na Praza Maior actuará a orquestra Ledicia, será a partir das 20.30 h.
    O domingo 10, a animación coas charangas comezará ás 11.00 h cos entreamigos e Mucha marcha. Ás 12.00 h no paseo central da Alameda terá lugar un Concerto de Entroido da man da Banda Municipal de Música de Ourense – se chove farase na Praza Maior -. Xa pola tarde, ás 18.00 h comezará outro dos pratos fortes deste Entroido, o desfile de Comparsas e Carrozas, que este ano conmemora o seu 25º aniversario. Sairá desde as Lagoas (carril de servizo na zona da Escola de Idiomas), saíndo polas rúas Curros Enríquez, Xoán XXIII, Progreso ata a Alameda. A escasas horas de que remate o prazo de inscrición, xa hai mais de 50 comparsas anotadas para o desfile. Ao rematar – en torno ás 21.00 h – realizarase, na Praza Maior, a entrega de premios ás comparsas gañadoras, e a coroación do Rei/raíña deste ano - entregado pola raíña do ano pasado -. Toda a xente que desexe participar neste concurso terá que achegarse ao Concello para anotarse.
    O luns 11, as charangas comezarán á hora habitual – 11.00 h – con pases durante todo o día. Ás 17.30 h celebrarase a Festa infantil Un día no Castelo, con talleres, xogos, obradoiros, maquillaxe e tirapedras para os máis pequenos. Como colofón, ás 19.30 h comezará a acutación de “Çe, orquestra pantasma” tamén na Praza Maior. A iso das 20.30 h, na Praza Maior comezará a actuación da orquestra Trebol. Mais tarde, en torno ás 00.00 a Praza do Correxidor acollerá o concerto do Sonoro Maxín.
    O martes 12, a partir das 11.00 h, das 17.30 h e das 20.30 h, as charangas comezarán a percorrer as rúas. As 17.00 h na Praza Maior celébrase outra festa infantil, con obradoiros e recuncho de xogos.
    E o mércores 13, como marca a tradición, é o Enterro da sardiña. Ás 20.30 h na Praza Maior, hai unha concentración, para que as carpideiras acompañen a Sardiña ao longo do percorrido. O cortexo fúnebre irá amenizado polas charangas Chunda chunda e Os centellas. As rúas polas que pasa o cortexo son Lamas Carvajal, Paseo, Sto. Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate de novo na Praza Maior coa queima da Sardiña.
    Barrios da cidade
    Eiroás
    A maiores de todo esta programación, o Concello tamén colabora cos Entroidos dos barrios. Desta maneira en Eiroás a Festa da Pita volve un ano máis, con actividades para o seu día grande, o martes de Entroido. Ás 13.00 h ofíciase a Voda da pita, con posterior xantar dos noivos, amenizado pola charanga Los estupendo Burruños. Pola tarde, tal e como marca a tradición, será o baile de disfraces coa orquestra D´Momento. A partir das 21.00 h terá lugar a queima do meco.
    Seixalbo
    O domingo 10, as 14.00 h celébrase un xantar na rúa Maior de Seixalbo coa actuación da orquestra Nevada. O martes 12 a partir das 16.00 h, saen as diferentes comparsas polas rúas de Seixalvo ata a Praza Maior, e ás 20.00 h comeza o percorrido cos Entroidos Paquita e Nicanor, ritual da queima e entrega dos mecos para a súa custodia para o ano vindeiro.
    A Ponte
    O día grande para o histórico barrio da Ponte é o luns, onde a partir das 19.30 h, a cofraría Frei Canedo, comeza os actos solemnes coa purificación do lugar co “Potefumeiro”, e posterior sermón a cargo dalguén representativo, para finalizar coa bendición dos novos cofrades. Unha hora despois sae a solemne procesión polas rúas da Ponte, para rematar de novo ca cea de honra a Frei Canedo, na explanada da Ponte Romana. A partir das 23.30 h, comeza o baile de disfraces coa orquestra Futuro.
    O Couto
    O sábado 9, celebrarase un desfile de disfraces infantiles na Galerías do Couto ás 16.30 h, con agasallos dos comerciantes que colabores e haberá discoteca móbil. Ás 19.30 h na rúa Greco comeza o Baile de disfraces para adultos coa actuación do dúa “La noche”.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica