CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • Volver

    A festividade
     
    O Samaín (na súa orixe gaélica, Samhuin, que significa novembro ou “fin do verán”) celebrábase hai miles de anos en todo o territorio celta a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, con motivo da conclusión da tempada de colleitas e a chegada do inverno.

    Hai testemuños de xente que lembra esta tradición nas súas aldeas, mais será nos anos noventa cando unha asociación de Cedeira recupera esta festa para as vilas e cidades. 

    A nosa cidade logo se incorporou a esta tradición, primeiro da man da Asociación de artesáns e Cidade Vella para máis tarde asumir a organización a concellaría de Cultura coa colaboración destas asociacións. E cada vez son máis as persoas que se achegan para participar desta festa que se sitúa na parte vella da cidade, entre a praza da Imprenta e a Praza Maior. 

    Elaboración

    A técnica é sempre a mesma, consiste en baleirar as cabazas, calacús, colondros,... (segundo a zona) da polpa e das pebidas do seu interior e logo fánselle ollos, fociños, e boca, tentando sempre atopar unha expresividade tétrica e axustadora. Logo aséntaselle un punto de luz no seu interior e remátase poñendo a caveira nun punto escuro, nas ventás das casas, nas encrucilladas dos camiños, ao redor do cemiterio etc. , co fin de espantar os malos espíritos nas noites de transición entre o verán e o escuro inverno.

    Na actualidade

    A Concellaría de Cultura organiza actividades dirixidas a un público familiar. No serán do 31 de outubro, as prazas da Cidade Vella, énchense de obradoiros e animación ao redor do elemento fundamental desta festa: a cabaza.
    A continuación, xa coa noite, ten lugar a “procesión das cabazas” polas rúas da Cidade Vella ás escuras cara á Praza Maior, onde ten lugar un fin de festa musical. 
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica