Concello de Ourense - Cultura - ENCLAVE DE CÁMARA - Ciclo de Música


IV ciclo de música Enclave de Cámara


O ciclo de música Enclave de Cámara, trátase dunha programación estable de concertos, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ourense. As actuacións son normalmente os primeiros xoves de cada mes - entre outubro e xuño - no Teatro Principal. Durante este tempo, teñen pasado pola cidade os mellores artistas do panorama nacional e internacional. 

Nesta IV edición, de maneira similar ao ano pasado, procuramos ofrecer un programa amplo, en diferentes aspectos:

Primeiro, en canto ás formacións e solistas que interveñen. Poderemos escoitar un recital de piano e un quinteto de ventos, pasando por dúos, tríos e cuartetos, sendo esta última a formación máis programada. En concreto tres cuartetos, tanto pola súa extensión na música de cámara como por preferencias percibidas no público.


Respecto ao repertorio procuramos que fose amplo. De Bach, Haydn ou Boccherini, é dicir, de principios do século XVIII ata o século XX, con Shostakovich, Bridge ou Rihm. No medio, grandes nomes da composición como Mendelssohn, Beethoven, Chopin, Liszt, Schuman…etc, así como os españois Turina, Falla ou Granados.

Con este amplo repertorio e con estas formacións achegamos unha proposta heteroxénea que pensamos pode gustar ao maior público posible, tratando de equilibrar coa programación da anterior tempada. 

Programa da tempada 2016/2017.


Enlace á páxina do ciclo