Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL - Museo

O Museo Municipal de Ourense ten a custodia, desde hai dúas décadas, dos fondos do Excmo. Concello da nosa cidade.
Corenta obras de moi diferentes disciplinas, formatos, técnicas, tamaños... en definitiva: de artistas de estilos moi diversos e distintas xeracións, cun referente á cidade de Ourense; pasaron a formar parte destes fondos desde o ano 2004.

Por todo isto, expómolas agora en nosa ''Sala fondos'' do Museo Municipal como presentación e mostra das máis recentes obras e como breve extracto de exposicións dos dous últimos anos nos que pasaron polas nosas salas as creacións de máis de cen artistas ourensáns, nacionais e estranxeiros.
O Edificio que o alberga é  dunha construcción renacentista do século XVI.Era a casa solariega dos Méndez Montouto. Da edificación primitiva  consérvase  a fachada, unha columna de entrada e o dintel inaugural ( pezas que están no Museo). No ano 1987  reformase  para Museo Municipal. Nos  seus fondos custodianse  obras de Prego de Oliver, Trabazo, Prieto Nespereira, Cándido Fernández Mazas, Nelson Zumel, Xaime e Antonio Quessada Porto, Alexandro, Carlos Vello, Vidal Souto, Virxilio ,Rafael Úbeda, Bóveda, Acisclo Manzano, Xurxo Ouro Claro, Xose Lois De Dios...  Un total de 1266 obras artísticas, ubicadas na súa maioría nos almacéns do museo.

Salas
 
Posúe tres plantas, dúas delas adicadas a exposicións temporais de contido actual e non correspondente cos fondos municipais e a terceira alberga unha sala permanente do gravador Julio Prieto Nespereira formada por 54 obras de todo tipo (óleos, debuxos, acuarelas, tintas...) que varían no tempo, obras que non  pertencen  aos fondos municipais, xa que son unha parte da Fundación Prieto Nespereira e outra da filla do artista Dña. Esther Prieto Alcaraz, o  Museo desenvolve a función de conservación e custodia.

Próxima tamén  unha  cuarta Sala de formato pequeno , que se adica ás derradeiras adquisicións dos Fondos do Museo.
 
Depósito - Almacén
 
Dende Agosto de 2004, os fondos municipais, alberganse no almacén da planta principal,  ano no que se creou, mantendo os criterios de conservación e custodia adecuados, así como humidade relativa constante,temperatura verificada, embalaxe, clasificación , descripción...

Contén dende agosto 04, inventario por escrito con fichero íntegro,  e inventario informatizado.


 

Concellería de Cultura
Concello de Ourense
2017

 

Rúa da Canle, 1
       32005 Ourense

 

   988 391 290

Contacto

 

Accesibilidade

 

Permisos

Cultura nas redes:

 

  Facebook

 

  Twitter

 

  Youtube

Diseñado y programado por ACV Galaica