- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Qué é o Proxecto Oralidades?
O proxecto Oralidades é unha iniciativa ao abrigo do Programa Europeo Cultura 2007-2013 e envolve unha parceria internacional entre os Municipios de Évora, Idanha-a-Nova e Mértola (Portugal), Ourense (España), Ravenna (Italia), Birgu (Malta) e Sliven (Bulgaria), unidos nun vasto programa de cooperación e intercambio cultural baseado en aspectos comúns das comunidades europeas, onde asume especial destaque a tradición musical da Europa do Sur (tanto na súa vertente tradicional, como no rexistro erudito) e a tradición oral (contos populares, cancioneiros, romanceiros e historias de vida). Entre 2008 e 2012 será desenvolvido un programa regular en todas as cidades da parceria (Festivais e Circuítos de Música, Encontros da Cidade da Tradición Oral) e será tamén creado un Centro de Recursos da Tradición Oral a partir do Municipio de Évora, na calidade de líder do proxecto.
O proxecto Oralidades ten como obxectivo establecer unha relación permanente e equilibrada entre tradición e modernidade. Esta opción consiste na aposta en traballar as oralidades nas súas varias formas de comunicación desde as verbais até ás sonoridades musicais.
As oralidades foron e son das compoñentes máis importantes na formación das comunidades humanas en relación á súa estrutura esencial como é o caso da produción/ reprodución da lingua, da cultura, dos comportamentos e das actitudes.
Hoxe as oralidades, dentro dun novo cadro globalizado de referencias culturais e de ferramentas tecnolóxicas case ilimitadas, continúan a ser un factor esencial para o diálogo intercultural, para a cohesión social, para o desenvolvemento global e para crear e reforzar as compoñentes dunha cidadanía europea.
Con este proxecto preténdese valorizar o patrimonio cultural imaterial común do territorio da Europa do Sur a partir das súas compoñentes identitárias e da memoria fundada secularmente nas matrizes culturais.
Aquí podes consultar o enlace do informe final do proxecto.
ORALITIES OUR COMMON HERITAGE
II Conferencia Internacional de Tradición Oral